O proxecto "Vigo pola inserción laboral" Retomouse con éxito

Tras o levantamento do estado de alarma, ocasionado pola pandemia do COVID-19, o proxecto retomouse con éxito, cos resultados que se relacionan a continuación:

Inicio das primeiras edicións dos itinerarios formativos:

– Actividades de Venda, iniciada o 05/10/2020, cun custo de 113.839,65€

– Organización e Xestión de Almacéns, iniciada o 05/10/2020, cun custo de 78.649,65€.

– Operacións Básicas de Cociña, iniciada o 13/10/2020, cun custo de 71.611,65€.

– Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, iniciada o 09/11/2020, cun custo de 89.206,65€.

– Actividades Auxiliares de Comercio, iniciada o 30/11/2020, cun custo de 57.535,65€.

– Operacións Básicas de Catering, iniciada o 09/12/2020, cun custo de 54.016,65€.

– Soldadura Oxigás e Soldadura MIG/MAG, iniciada o 14/12/2020, cun custo de 115.599,15€.

O que supón un custo total para o 2020 de 580.459,05€.

As axudas económicas (becas) aboadas aos alumnos participantes do proxectos, supoñen as seguintes cantidades:

– Outubro: 3.604,60 euros.

– Novembro: 6.456,00 euros.

– Decembro: prevese aboar, a finais do mes de xaneiro, aproximadamente 11.500 euros.

Facendo un total para este ano 2020, de 21.560,60 euros.

O número de alumnos perceptores desta axuda segundo os itinerarios nos que participan son os seguintes:

– Actividades de Venda: 8 alumnos.

– Organización e Xestión de almacéns: 3 alumnos.

– Operacións Básicas de Cociña: 5 alumnos.

– Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais: 9 alumnos.

– Actividades Auxiliares de Comercio: 7 alumnos.

– Operacións Básicas de Catering: 10 alumnos.

– Soldadura Oxigás e Soldadura MIG/MAG: 10 alumnos.

O que fai un total de 52 alumnos perceptores de axudas económicas (becas).

Translate »